Alta de Socio Amigo

#razónDÉcorazón

Alta de SOCIO AMIGO Real Club Deportivo

Xa podes ser Socio Amigo do Real Club Deportivo sen moverte de casa.

A modalidade de Socio Amigo creouse, sobre todo, para persoas que viven fóra da Coruña ou que, por un motivo ou outro, non poden estar no Estadio ABANCA-RIAZOR cada vez que o Dépor xoga en casa. Tamén, por que non, como un agasallo para ese amigo que sente as cores branquiazuis, que ten o ADN DEPORTIVISTA, converténdoo en parte activa da gran familia que o Dépor ten polo mundo.

Se non podes asistir a todos os encontros en ABANCA-RIAZOR pero queres ser parte do Deportivo, ser un máis dos seus miles de socios, este é o teu carné. Cun prezo de 50€, o Socio Amigo ten número de abonado e manténselle a antigüidade un máximo de 5 temporadas. Unha vez superadas, o abonado deberá pasar a un ser abono con localidade para poder manter a antigüidade.

Xunto co resto de vantaxes, tes a opción de asistir a un partido da Temporada 2020-2021 sempre que se garanta o aforo completo do Estadio (excepto partidos de Play off, cuartos de final ou semifinais da Copa do Rei) nas bancadas que dispoña o Club. A entrada non conleva a obrigación de consumila nin por tanto o Club ten a obrigación de repoñela polo seu non uso ao longo da tempada.


Unha vez tramitada o alta, desde o xoves 24 de setembro ata o xoves 8 de outubro, o carné poderá retirarse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, de luns a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A partir do 9 de outubro, o carné deberá recollerse na DéporTienda do Estadio ABANCA-RIAZOR en horario de 10:00 a 20:30 horas de luns a sábado. O carné poderase retirar desde 7 días laborables despois desta solicitude e ata que finalice a temporada. Para recoller o carné de abonado deberá acreditarse a identidade do titular mediante DNI, ou copia do mesmo se é outra persoa o que o retira, ou carné da pasada temporada.

Tamén pode recibirse mediante carta certificada con entrega a domicilio 7 días laborables despois da xestión, contra reembolso. Para iso é imprescindible remitir un correo electrónico a envio.abonos@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, dirección de envío, código postal, poboación e teléfono de contacto.

Prezo do envío (IVE/IVE incluído):
- Envío peninsular: 6,10€
- Envío Illas Baleares: 12,25€
- Envío estranxeiro: consultar segundo destino
Prezo total

Toca volverse mollar

CONTACTA CONNOSCO

Velaquí estamos para axudarte

Onde
Estadio ABANCA-RIAZOR Avenida da Habana s/n

Para calquera dúbida ou problema
atencion.deportivista@rcdeportivo.es

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.